Dúbidas frecuentes

Preguntas frecuentes

Resolvemos as consultas máis habituais antes da túa visita.

Como podo pedir cita?

Podes escribirnos por WhatsApp ao 694 312 855, chamarnos ao 988 093 159 ou usar o formulario da páxina de contacto. Responderémosche o antes posible dentro do noso horario.

Cal é o horario da clínica?

Atendemos de luns a venres, de 09:00 a 17:30 h.

Atendedes só cans e gatos?

Si. En Hatena dedicámonos á saúde e o benestar de cans e gatos, con especial atención á medicina interna, a oncoloxía e a medicina felina.

Que debo levar á consulta?

Se tes historial clínico, analíticas previas ou información sobre tratamentos actuais, tráeos. Tamén é útil anotar síntomas, cambios de apetito ou comportamento e calquera dúbida que queiras comentar.

Onde estades?

Estamos en Camiño Caneiro 25 Baixo, 32004 Ourense. Podes vernos no mapa da páxina de contacto.

Citas

Queres pedir cita para o teu compañeiro?

Escríbenos por WhatsApp ou usa o formulario de contacto. Estaremos encantados de atendervos.